PRESENTACIÓN


  • Vista de Corcubión desde o Hotel Casa da Balea
  • Fachada do Hotel Casa da Balea en Corcubión
  • Fachada do Hotel Casa da Balea en Corcubión
  • Fachada do Hotel Casa da Balea en Corcubión
  • Fachada do Hotel Casa da Balea en Corcubión
  • Fachada do Hotel Casa da Balea en Corcubión
  • Terraza do Hotel Casa da Balea en Corcubión

Somos unha Pensión Rústica*** emprazada na vila mariñeira de Corcubión (Conxunto Histórico Artístico) e a un tempo o primeiro Aloxamento Temático de España adicado ó mundo das baleas.

Mesmo diante da porta pasa o Camiño Xacobeo de Santiago a Fisterra, transitado cada ano por milleiros de peregrinos.

Tamén temos fachada con terrazas e xardín ó paseo marítimo, e estupendas vistas sobre o casco histórico, o porto, a ría de Corcubión e mailo mítico monte do Pindo. A praia de Quenxe só dista 10 minutos a pé.

O edificio, de arquitectura tradicional galega en pedra con balconada e galerías, ten máis de 100 anos e ten sido rehabilitado con cariño.

Vaivos sorprender o coidado da decoración, toda ela de temática mariñeira e “baleeira”, con tódolos cuartos diferentes e provistos de obras de arte e pezas de artesanía.

Da nosa banda recibiredes un trato personalizado, e vos imos informar (somos profesionais da divulgación turística) para que aproveitedes ó máximo a vosa estadía nesta Fin da Terra.

Estamos concienciados na defensa da natureza, e a nosa aposta pola ecoloxía ponse de manifesto no uso complementario de enerxías limpas (panéis solares), o reciclaxe integral ou o emprego de produtos cultivados na nosa horta.