Condicións de Uso


CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN

1.1 O feito de cubrir e enviar este formulario supón unha solicitude de reserva para Casa da Balea, sita na Rúa Rafael Juan, 44, da localidade de Corcubión en A Coruña, co código postal 15130, en ningún caso supón a realización efectiva da reserva.

1.2 A reserva só será efectiva, cando, tras recibir a solicitude da mesma, a Dirección de Casa da Balea confirme ao cliente solicitante vía e-mail a disponibilidade do aloxamento escollido, nas datas elexidas.

1.3 A Dirección de  Casa da Balea comprométese a contestar as solicitudes de reserva nun prazo máximo de 24 horas. Se a solicitude de reserva é confirmada pola dirección de Casa da Balea,  esta enviará ao cliente un cálculo detallado do custo da reserva solicitada. Para realizar reservas máis urxentes, por favor contactar cos números 981 746 645 ou 652 424 200.

1.4 1.4 Se o cliente non se presentara a ocupar o aloxamento reservado antes das 18:00 horas do día da data de entrada, sen previo aviso e negociación de condicións coa Dirección do Dirección de Casa da Balea, a reserva darase por cancelada, e polo tanto, a Dirección de Casa da Balea disporá libremente do aloxamento en cuestión.